Ferrol, dez anos sen Segura Torrella

Ferrol, dez anos sen Segura Torrella

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol e a AVV Ensanche A lembran este sábado ao pintor ferrolán Segura Torrella no seu décimo cabodano. Corporación e veciños participan na  homenaxe que se rendirá ao artista na praza que leva o seu nome ás 12.00 h.

Segura Torrella aprendeu con Felipe Bello Piñeiro. Empezou a pintar na súa cidade natal e posteriormente trasládase a Madrid para seguir as ensinanzas de dous mestres ben diferentes que se complementaron con el: Fernando Álvarez de Sotomayor.  Segura Torrella non se conformou con Madrid e trasladouse a París, primeiro, e a Alemania máis tarde. A súa pincelada caracterizouse por ser enérxica, agresiva cunha materia pura e en releve.

O pintor viviu por e para a arte e, entre os creadores españois do século XX, un dos expresionistas máis brillantes e un debuxante excepcional. Ao longo da súa traxectoria realizou moi poucas exposicións e en moi poucas ocasións concurriu a certames. De todos os xeitos, os críticos eloxiaron a súa obra, diferente, personal, que parece que desborda o soporte e que se derrama e invade a sala onde se expón. O pintor ferrolán dirixiu o Museo Municipal Bello Piñeiro, onde desenvolveu un labor que permitiu recompilar unha excelente colección de pintura galega, patrimonio de todos os ferroláns e ferrolás.

Sociedade