ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na sede da Fundación Caixa Galicia desenvólvense esta tarde as Xornadas de Urbanismo de Ferrol que o alcalde Vicente Irisarri inaugura ás 6,30. O contido das Xornadas pasa por presentar os tres proxectos máis importantes que a cidade afrontará nos próximos anos: as intervencións no Castelo de San Felipe e no Cuartel Sánchez Aguilera e o Encontro entre a cidade e o Arsenal. Uns proxectos que cambiarán a cidade de Ferrol, convertíndoa nunha
San Felipe
O arquitecto ourensán, Iago Seara, será o encargado de explciar o proxecto para o Castelo de San Felipe, que consistirá a rehabilitación da dependencia máis importante do Castelo, a chamada Casa do Gobernador, que se financiará con cargo a unha subvención cercana aos 800.000 euros aprobada polo Ministerio de Cultura.A licitación das obras será inmediata segundo informou o propio Ministerio de Cultura. O proxecto será o punto de partida na recuperación integral do Castelo. Iago Seara tamén exporá as posibilidades constructivas da fortaleza para transformarse en Hotel-Monumento.
Cuartel Sánchez Aguilera
No tocante ao proxecto do Sánchez Aguilera, Alfonso Díaz Revilla, da empresa Oficina de Planeamento, dará conta do Plan Especial de Reforma Interior, informando dun xeito pormenorizado das actuacións que se executarán para a transformación deste espazo e o que representarán para a cidade. Vicente Irisarri, avanzou que é posible que no marco destas xornadas se anuncie a exposición pública deste Plan Especial.
O muro
Finalmente, Iago Seara e José Manuel Moure - presidente e director xeral de Proyfe- afondarán no proxecto elaborado para o Encontro Cidade-Arsenal enmarcado no proceso de restauración da alameda histórica entre a cidade vella e o barrio da Magdalena. Un proxecto de gran alcance que se executará en diferentes fases. No transcurso da xornada desvelaráse a parte que pode executarse xa nos próximos meses. O proxecto , que pretende humanizar a cidade, esixirá importantes decisións por parte do Concello de Ferrol, entre elas, derruír a nave provisional do Mercado ou relativas ao Paseo de Irmandiños. Irisarri adiantou que esta tarde se presenta unha proposta global e que non se trata só de tirar a muralla senón dunha actuación máis profunda que permitirá seguir avanzando no proxecto para convertir a Ferrol en Patrimonio da Humanidade.
As xornadas son abertas a toda a cidadanía e especialmente ás entidades veciñais e sociais. Segundo o edil ferrolán de Urbanismo, Angel Mato, os cidadáns deben coñecer qué fai o goberno pola cidade.