Ferrol lembra ás víctimas do 11M

Ferrol lembra ás víctimas do 11M

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cumprense seis anos do atentado do 11 M en Madrid. Entre os actos de lembranza das víctimas está o que farán os ferroláns esta tarde, ás 5 en Esteiro. Foi unha humilde iniciativa veciñal a que desembocou en que Ferrol conte cun monumento de recordo do 11M, único en Galicia. Cada ano deposítanse alí unhas flores e alguén pronuncia unhas palabras de solidaridade. O alcalde da cidade, Vicente Irisarri, falará no acto de hoxe.

A AVV de Esteiro- Ferrol- organiza este acto de lembranza ás víctimas do 11M no monumento que o barrio ergueu en recordo de aquel dramático atentado do ano 2004. Un madroño, o símbolo da cidade de Madrid e unhas travesas ferroviarias, porque o atentado tivo o tren como escenario, constituen o monumento. O acto será ás 5 da tarde no entorno do pavillón polideportivo de Esteiro. Consistirá nunha ofrenda floral e contará coa asistencia do alcalde ferrolán, Vicente Irisarri.

Sociedade