Ferrol prepara en FITUR o Congreso Europeo sobre Turismo Industrial

Ferrol prepara en FITUR o Congreso Europeo sobre Turismo Industrial

29 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Diego Calvo estará mañá en Fitur para, entre outras cuestións, presidir a reunión da RETI (Red Española de Turismo Industrial) que servirá para sentar as bases do Congreso Europeo que se celebrará en Ferrol o ano que vén. O presidente provincial,  trasladará aos membros de RETI as liñas xerais do programa do Congreso, que terá lugar durante o mes de xuño do 2014. Presentará todas as rutas que est&aacu

Diego Calvo estará mañá en Fitur para, entre outras cuestións, presidir a reunión da RETI (Red Española de Turismo Industrial) que servirá para sentar as bases do Congreso Europeo que se celebrará en Ferrol o ano que vén. Como representante da Deputación da Coruña, entidade que preside actualmente a RETI, Calvo presidirá a reunión dos socios que forman esta entidade e falará das previsións que hai para a celebración do congreso en Ferrol. Así, relatará os avances acadados na Ruta da Construción Naval, que comezou a funcionar hai preto dun ano, pero tamén falará das previsións existentes na Ruta Pesqueira, na Ruta Agroalimentaria, na Ruta do Pan de Neda ou na Ruta da Enerxía e a Reciclaxe.

Volverá, tal e como fixo durante a celebración do último Congreso Europeo de Turismo Industrial celebrado en Sant Joao da Madeira, a insistir nas grandes posibilidades de Ferrol, unha cidade que, segundo dixo en máis dunha ocasión, “conta cun potencial turístico diferente e que ten moitas posibilidades”.

O presidente provincial, finalmente, trasladará aos membros de RETI as liñas xerais do programa do Congreso, que terá lugar durante o mes de xuño do ano que vén e que busca reunir a profesionais do sector turístico para mostrarlles, tal e como dixo Calvo, “un novo xeito de mirar e coñecer Ferrol e a súa comarca, así como un modo de desestacionalizar o turismo e conseguir que a cidade sexa atractiva ao marxe da súa oferta de verán ou da súa gastronomía”.

Sociedade