Ferrol rematará a superficie da Praza de España sen agardar polo centro deportivo.

Ferrol rematará a superficie da Praza de España sen agardar polo centro deportivo.

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol contratará as obras para rematar a superficieda Praza de España na sua totalidade, atendendo a demanda cidadá. O goberno local toma esta decisión despois de que a oposición non apoiase a contratación da construcción e explotación do centro deportivo, proxecto que incluía a actuación no espazo pendente de urbanizar. O Concello terá que facer un esforzo orzamentario e asumir o custe das obras, que rondan os

Un mes despois da inauguración da superficie da Praza de España, e unha vez que o concurso para adxudicar as obras de construcción e explotación dun gran centro deportivo no seu subsolo non prosperase ante a falta de apoio por parte dos grupos da oposición, Vicente Irisarri anunciou que o goberno municipal procederá á contratación das obras necesarias para rematar a superficie da praza. Unha intervención orzamentada nuns 700.000 euros, sobre un ámbito duns 1.200 metros cadrados –a superficie inaugurada elévase a 13.000- e cun prazo de execución duns catro ou cinco meses. A actuación consistirá en completar os pavimentos na superficie baixo a que se sitúa o centro deportivo, colocar arbolado, mobiliario urbano, a sua iluminación e completar a rede viaria para vehículos de emerxencia e servizos. Así mesmo, actuaríase nos tres accesos ao futuro centro (dúas saídas de emerxencia e a entrada ao centro) e se instalaría a fonte coa que se recupera a traza da muralla antiga.

O Concello traballa agora nos pregos para sacar a contratación as obras, xa que o proxecto foi aprobado en Xunta de Goberno local. A previsións pasa por contratar as obras ao longo do verán e  rematalas no ano.

O alcalde aseguraba que a cidadanía xa fixo de novo súa a praza, como demostra a presenza constante de ferroláns e ferrolás durante todos os días. Coa decisión tomada, o goberno local socialista pretende agora atender unha demanda social evidente. 

O edil de Urbanismo, Angel Mato, aseguraba que unha corporación responsable, cos informes xurídicos favorables na man, tería apoiado a proposta de adxudicación da Mesa de Contratación. Agora, por contra, o Concello terá que realizar un esforzo orzamentario, xa que o custe da actuación prevista se financiará con cargo aos presupostos municipais. De saír adiante o concurso, esta intervención se incluía no contrato. En todo caso, en aras do interese xeral o goberno municipal toma agora esta decisión, atendendo a criterios xurídicos, técnicos e económicos e tamén ao sentido común.

Sociedade