Ferrol selecciona socorristas para a tempada de praia

Ferrol selecciona socorristas para a tempada de praia

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro 15 de maio, comezan en Ferrol as probas de selección de medio cento de socorristas acuáticos que na próxima tempada de praias, prestarán os seus servizos nos areais de Ferrol, entre o 15 de xuño ao 15 de setembro. Un servizo que estará profesionalizado a cargo da empresa Xemade, contratada polo Concello de Ferrol. Esa profesionalización deixou o ano pasado unha mellora notable e favoreceu un balance de cero vítimas ao remate da tempada pasad

O proceso selectivo constará dunha proba física que se celebrará o dia 15 de maio na praia de San Xurxo, a partir das 10.00 horas e que consistirá nunha proba combinada de carreira, nado con aletas e arrastre de floppy e carreira. Este ano introducirase unha proba teórica que deberán realizar aqueles aspirantes que queiran optar á funcion de xefe de Posto. A proba estará enfocada a aspectos de organización e coordinación do servizo, e levarase a cabo o 29 de maio.

Os aspirantes a socorristas que queiran participar neste proceso de selección deberán estar en posesión do título de Socorrista Acuático e preinscribirse previamente nas oficinas de Xemade, a empresa contratada polo Concello de Ferrol para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo nas praias. Neste senso, deberán dirixirse á súa oficina, ubicada na rúa Fernando VI, número 28, ou contactar no teléfono 981 946 643 ou da dirección de correo electrónico.

Sociedade