A ferrolana Helena Segura Torrella gaña o Isaac Diaz Pardo

A ferrolana Helena Segura Torrella gaña o Isaac Diaz Pardo

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fotógrafa ferrolá Helena Segura- Torrella é unha das gañadoras do premio de artes plásticas “Isaac Díaz Pardo”. Este premio organizado, pola Deputación da Coruña, serve para ampliar a súa colección de arte e para iso escolleu 14 das 264 pezas que se presentaron, entre as que figura a foto de Segura- Torrella, titulada “sopa de caracol.

A artista ferrolá adiantou esta mañán en Radiofusión os proxectos máis inmediatos, entre os que figura a publicación dun libro que se editará en Londres a finais deste ano e unha exposición da sua obra nunha galería madrileña.

Este premio da Deputación da Coruña chegalle nun momento de plena expansión da sua carreira, segundo declarou. A ferrolá está diplomada en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca e realizou varios cursos de fotografía, así como un máster fotográfico en Madrid, cidade na que reside actualmente. Obradoiros de fotografía e dúas exposicións en Santo Domingo, así como noutros puntos da xeografía española, avalan a carreira de Helena Segura-Torrella

Sociedade