Ferrolaneando

Ferrolaneando

10 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ferrolaneando ofrece a partir de mañá mércores 11 de agosto viaxes en vela pola ría de Ferrol. Os usuarios que queiran formar parte desta actividade poderán facelo a motor ou a vela. A actividade, organizada polo Concello de Ferrol, permite achegarse ata os castelos de San Felipe e da Palma, ó Arsenal Militar e ós estaleiros.

Os percorridos en vela pola ría celebraranse tódolos mércores do mes de agosto e o primeiro de setembro. A cita no peirao de Curuxeiras a partir das 12 do mediodia. E hoxe martes dentro do Ferrolaneando poderemos gozar dunha visista pola cidade en tren.O percorrido discurre por Ferol Vello, barrio da Magdalena, Alameda, barrio de Esteiro e Fontelonga. Durante a tarde aínda están a tempo de achegarse á sesión das 6, 7 ou 8.

E outro apuntamento máis en materia turística, a oficina de turismo do porto de Curuxeiras de Ferrol, abrirá tamén as tardes das fins de semana ata o 5 de setembro. Deste xeito, todos aqueles que se queiran achegar ata a oficina do porto poderán facelo tamén as tardes dos sábados e os domingos, días nos que a afluencia de visitantes á zona é considerable. O Ferrolaneando, que inclúe actividades na fin de semana foi determinante para que se decidira ampliar o horario de atención ó público da oficina de Curuxeiras, que pasa agora a ter o mesmo horario que a oficina da rúa Madalena.

Sociedade