Ferrolterra prepárase para a folga xeral deste mércores

Ferrolterra prepárase para a folga xeral deste mércores

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os tres sindicatos maioritarios de Ferrolterra ultiman os preparativos da folga xeral do vindeiro mércores. Co obxectivo de cambiar o modelo socioeconómico e obrigar ao goberno de Zapatero a retirar o decreto da reforma laboral, as tres organizacións sindicais fan un chamamento á cidadanía da comarca para que se sume o día 29 á folga xeral.”Imos gañar esta batalla nunha guerra que comezou desde o inicio da crise”, declarou esta mañ&a

Segundo as estimación do sindicato nacionalista o 70% da poboación de Ferrolterra secundará a folga. “A situación da nosa comarca é a máis alarmante, coa taxa máis alta de desempregados de toda España. Non nos queda máis remedio que protestar xa que nos xogamos o noso futuro”, indicou o sindicalista.

Os tres sindicatos reuníronse e acordaron unha unidade de acción. A manifestación da CIG sairá, ás doce e media do mediodía, do seu local da Avenida de Esteiro, percorrerá varias rúas da cidade departamental ata chegar ao Cantón de Molíns. 

Tras a chegada da manifestación farase lectura do manifesto mentres que os piquetes informativos permanecerán durante toda a xornada. A CIG reunirase mañá na súa sede, ás sete da tarde, para ultimar o calendario de mobilizacións.

Tamén hoxe estivo en Ferrol, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, para buscar apoios coa folga do 29. O voceiro nacionalista sinalou que a folga é necesaria para que o goberno central non continúe recurtando os dereitos dos traballadores. "Hai que mobilizarse porque non existe outra posibilidade para facer retroceder aos gobernos e as medidas que están a aplicar contra a maioría social", declarou.

Sociedade