A festa das festas

A festa das festas
20 de Febreiro, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Serán finalmente 19 as comparsas que participen no Entroido do concello de Fene o Mércores de Cinza. Todo parece indicar que catro formáronse na localidade.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene ultima os preparativos do Entroido 2020. A Concellería de Cultura anuncia que, finalmente, serán dezanove as agrupacións que participarán no desfile de comparsas previsto para o mércores 26 de febreiro. Esta mañá era o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá quen nos confirmaba que será 19 as agrupacións que desfilarán no entroido fenés.

As agrupacións que participarán este ano no día grande do entroido fenés serán; Os Argalleiros, Asoc. Sociocultural ASCM, Troupele Troupele, As Xoaniñas de Chao, A Canteira, Oje Ferrol, A Revolta de Trasancos, Colexio Belén, Anpa CEIP Centieiras, Os Scratchados, Os Parrandolos, Semente de Trasancos, Volvemos en 5 minutos, 100% Ferrol, Santa Compaña, Paso a Paso, Domus Vi, @ máis mellores e Os Mecos.

As comparsas concentraranse o mércores ás 17.30 horas na rúa Río Cádavo de Perlío, para iniciar ás 18.00 horas un percorrido pola Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais, e Avda. do Concello, ata chegar á praza do alcalde Ramón José Souto González. Dende a Concellería de Cultura de Fene lembran que durante o desfile -que terá unha duración aproximada dunha hora- e ao paso das comparsas, pecharanse ao tráfico de vehículos as rúas afectadas. Infórmase para ese día dun corte de tráfico, a partir das 17.30 horas (na rúa Río Cádavo), e a partir das 18.00 horas en Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e Avda. do Concello, por onde pasará o desfile de comparsas até a Praza do alcalde Ramón José Souto González.

Unha vez finalizado o desfile comezará na praza do alcalde Ramón José Souto González, o festival de comparsas coa presenza da “Viuva” do Entroido. O programa do mércores de cinza completarase coa lectura do Testamento, a queima do Antón e cun espectáculo pirotécnico que dará paso á actuación da orquestra Panamá. Justo Martínez Ardá, que leva uns dias no cargo, xa se topou con esa verbena o mércores que el preferiría que fose o martes porque ao dia seguinte non hai escola e é dia festivo en Fene. O martes desde as cinco da tarde celebrase a festa infantil  e  o reparto de larpeiradas cedidas polas dulcerías e panaderías de Fene todos os anos.

Justo martínez Ardá topouse tamén enriba do Dia de Rosalía. Celébrase este domingo con motivo do aniversario do nacemento da escritora. Fene vaino celebrar cun acto sinxelo no parque que leva o nome da escritora, coa lectura de poemas a cargo de Loreto de Castro e recomendando aos hosteleiros servir ese dia de tapa, un caldo de gloria.

Cultura

Publica o teu comentario agora