Festa de despedida da Escola de Verán de Ordes

Festa de despedida da Escola de Verán de Ordes

25 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes empeza a despedir as actividades de verán, e se ben a mediados deste mes se poñía fin á programación do Verán Cultural, nesta ocasión despedirase a Escola de Verán. Nela participaron máis de 115 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto. O próximo 31 de agosto, celebrarase a festa de clausura desta actividade que terá a piscina municipal de O Muíño como escenario.

Dende as 10 ás 13 horas os pequenos poderán disfrutar de inchables para as diferentes idades, así como de xogos cos que pasarán unha xornada chea de diversión cos seus compañeiros de actividades nas instalacións da piscina.

Todos aqueles nenos e nenas que participasen na Escola de Verán do Concello de Ordes e queiran asistir á festa deberán anotarse, sendo hoxe mércores o último dos días para facelo. 

Aos participantes na Escola de Verán, sumaranse nesta festa de clausura os pequenos e pequenas ordenses que asistiron aos cursos de natación promovidos tamén polo Concello. 

Na Escola de Verán deste ano particiron un total de 115 nenos e nenas que disfrutaron durante as mañás de diferentes xogos e obradoiros dirixidos por monitores, co fin de facilitar aos seus pais e nais a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións estivais.   

Sociedade