Festa de fin de curso no Verán Máis Alá de Fene

Festa de fin de curso no Verán Máis Alá de Fene

31 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todo o bo chega ao seu fin. O "Verán máis alá" pecha hoxe as súas portas e faino ao grande. Todo o día haberá actividades para festexar este fin de curso. 127 nenos e nenas que durante o mes de xullo xogaron, aprenderon tarefas do fogar, melloraron o seu galego a participaron e traballaron en grupo e sobre todo desfrutaron.

O programa de educativo e de lecer o “ Verán Máis Alá” 2009 organizado polo Concello de Fene pon o seu broche de ouro nesta xornada. Dende as once e media desta mañá realizaranse diferentes actividades como unha mostra dos traballos realizados polos máis pequenos ao longo de todo o mes. Tamén haberá distintas actuacións e, ao canto remate, a festa trasladarase á Sociedade o Pote de Maniños. Alí nenos , pais e monitores terán un xantar de confraternidade. Trala comida, os xogos centrarán as actividdes e o grupo infantil Tulipán porá a nota musical dos actos. O día promete.

Sociedade