A Festa do Cabalo de Magalofes cumpre 20 anos

A Festa do Cabalo de Magalofes cumpre 20 anos

11 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vinte anos cumpre a Festa do Cabalo de Magalofes en Fene (A Coruña). Celébrase o último domingo de agosto, o dia 29. De novo a campa das Queiras acollerá o que todos declaran como unha das mellores festas equinas da comarca e de Galicia.

O concurso de beleza e estampa de eguas e cabalos, de diferentes razas, idades e oficios, as probas de arrastre e de andadura, non faltarán tampouco nesta vixésima edición. A doma, os enganches e as carreiras finais completan os concursos para os que se dispón dos correspondentes premios.
 
A pesar da crise e de que o presuposto quedou conxelado, a festa vai para adiante grazas aos veciños, aos comerciantes e ás institucións que a apoian, segundo declara un dos membros da Asociación veciñal de Magalofes, Manuel Pico.
Centos de cabalos e eguas prepáranse, a estas alturas de agosto, para dirixirse o domingo 29 á XX Festa do Cabalo de Magalofes en Fene. Repetiráse o concurso fotográfico sobre a festa, iniciado o ano pasado.

Sociedade