Festa do Deporte no Casino de Fene

Festa do Deporte no Casino de Fene

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Este domingo o Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene celebrará a súa festa do deporte e a apertura das piscinas da sociedade, segundo informa a Xunta Directiva. No transcurso do día celebrarase unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo da escola municipal do Concello de Fene. Esta actuación comezará ás catro da tarde. Tamén están previstos encontros de fútbol sala entre os equipos das categorías de base da

A directiva non se quere esquencer nesta festa do deporte do tiro con arco e haberá unha exhibición e competición desta modalidade deportiva a cargo do club Arco Ferrol e para rematar a xornada todos os participantes e socios poderán tomar parte nunha churrascada a prezos populares. A xornada rematará coa actuación do dúo Mar de Mares que amenizará a velada nas instalacións de San Paio, que ademáis abrirán a temporada de piscina.

Deportes