Festa do Langostino no CMI Unidade de Fene

Festa do Langostino no CMI Unidade de Fene

14 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O CMI Unidade de Fene acolle este sabado unha cita festiva, a Festa do Langostino, animada polo dúo “Costa Eume”. O evento comezará ás oito da tarde do sábado nos locais do Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, en San Paio. Langostinos á plancha preparados polos propios directivos da sociedade, con pan e viño, a 8 euros, segundo contou o presidente do CMI, Xosé Manuel Romero.

Matrícula nas escolas 

Bailes de salón, escola de teatro infantil, escola de guitarra e solfeo e futbol sala repiten na oferta do CMI para este curso. Unha escola de Ioga oférta o círculo por primeira vez. Ademais a Rondalla Estrelecer ou o grupo de Teatro de adultos están abertos á incorporación de novos membros, segundo sinalaba esta mañán Xosé Manuel Romero. Anunciaba o presidente que dentro dun mes, o 14 de Outubro, debutará o grupo de Teatro Xosé María Pérez Parallé, que dirixe Carlos Basoa.  Entre outros adiantos está no mes de outubro unha cea- baile amenizada por Los Zares.

Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

O 30 de setembro remata o prazo para presentar orixinais ao Premio de Poesía “Perez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene, coa colaboración do Concello e a editorial “Espiral Maior”. Os textos presentaranse por triplicado, identificados con lema ou pseudónimo, na sede do CMI Unidade de Fene, Porto do Río 21, San Paio, 15500 Fene.

O Premio Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” ten por obxectivo a promoción de novas voces, polo que para poder participar na convocatoria é requisitio imprescindible non ter publicado ningún libro individual de poesía.
Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega, correspondéndolle ao xurado determinar se os traballos presentados poden considerarse ou non “libro”. Porén, recoméndase que os traballos teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na colección de poesía “Espiral Maior” e a primeira edición constará dunha tiraxe de 800 exemplares. A entrega do premio faráse o sábado 19 de novembro nun acto programado ao efecto nas instalacións do CMI Unidade de Fene.

Sociedade