ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pode que cheguen a repartir 2.000 racións este domingo dia 1 de xullo na Festa do Pincho Moruno de Fene. A comisión que se encarga das festas patronais organiza cada ano esta veterana cita previa co fín de recadar fondos para os festexos do Carme e o patrono, San Salvador. Como queira que este ano a cita cadra coa final da Eurocopa, unha pantalla xigante colocarase na pista de Fonte do Campo para estar á pelota e á tallada.
Os pinchos morunos cocíñanse ao momento e véndense a 4€, ou a 5€ coa consumición. Empezarán a repartirse contra o mediodía, pola tarde, noite e de madrugada. Unha charanga amenizará a festa. O ano pasado o reparto de pinchos superóu os 1.500 e este agárdase superar esa cifra. Nesta ocasión acudirán dous autobuses de xente dende Pontevedra a probalo. O programa é perfecto, só falta que se preste o tempo, afirman Justo Martínez e Pedro R Quintía, membros da comisión de festas de Fene.