A Festa do Polbo chega a Mugardos este sábado

A Festa do Polbo chega a Mugardos este sábado

10 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa do Polbo de Mugardos cumpre 22 anos. A ración de polbo á mugardesa venderáse ao prezo de 10 euros. A empanada de polbo serviráse a 2 euros. O viño, pan, cunca e prato de cerámica ofreceráse de balde.

O ano pasado servírose 1.400 quilos de polbo, 5.000 racións para as 12.000 persoas que se achegaron ao peirao mugardés. En duas horas agotáronse as existencias. Este ano a Festa do Polbo celébrase o sábado 14 de xullo, durante todo o día. A vila mariñeira acollerá ás charangas "Vai rañala meu" e "Kilomberos" para que animen a populosa festa do verán que ocupará o parque da Constitución e a Avda de Galicia. Ás 12.00 horas comezará a venta de tickets que darán dereito dende as 13.00 horas á degustación do polbo, preparado á feira ou " á mugardesa". Amenizará a verbena a orquestra Ismael que actúa no peirao mugardés dende as once da noite.

Sociedade