A festa dos mariñeiros

Degustación e música na festa do mar de Cariño
08 de Agosto, 2019 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

Cariño celebra a súa Festa Mariñeira. Sexta edición deste festexo dedicado ao mar con actividades lúdicas e música en directo. O evento terá lugar na praza roxa de Cariño este sábado 10 de agosto.

Abre a xornada o obradoiro de zumba ás sete e media da tarde. A partir das oito e media haberá degustación de: chichariños, empanada, mexillóns, sardiñas e gambas. Racións por prezos dende os 3 euros. E á noite, dende as dez menos cuarto, soará a música na praza. Subirán ao escenario a Banda de gaitas de Ortegal, AF San Xiao do Trebo, AC Buxainas, BG Álvaro Cunqueiro do Lago Os Carecos e Encrucillada.

Cultura

Publica o teu comentario agora