Festa en Santa Mariña polo ascenso do Aspirantes

Festa en Santa Mariña polo ascenso do Aspirantes

21 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Primeira temporada de Manuel Antonio Montero como adestrador do primeiro equipo do Aspirantes de Santa Mariña e “bingo”. O conxunto ascende á Segunda Autonómica. Manel logrou facer un equipo moi competitivo na Terceira Autonómica xa que sempre estivo no primeiros postos da clasificación. Manel asumia o reto de coller un equipo de modestos despois da experiencia de traballar coa base na S.D. O Val de Narón onde entrenou ao equipo prebenxamin. Aos seus 27

A entidade atopábase nun momento de doce decadencia, no mesmo proceso no que se atopan os clubs da cidade de Ferrol. A política de canteira do Racing incide moi negativamente no desenvolvemento do resto de clubs da cidade, tal que, os únicos que aguantan o tipo son o Portuarios e o Galicia de Caranza. O ascenso do primeiro equipo do Aspirantes é como un agasallo do ceo. Non era o obxectivo de pretemporada, adiantan na directiva. Fundamentalmente o gran obxectivo era ficar o máis arriba posible e finalmente chegouse case que ao ceo.

Deportes