Festa heroica na Ribeira Sacra co Festival do Castro

Festa heroica na Ribeira Sacra co Festival do Castro

18 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Para sufocar o lume que ameazou estas xornadas a Ribeira Sacra, chegou unha chuvia de música da man dunha nova edición do Festival do Castro que se celebrou en Ferreira de Pantón este sábado día 17. Dende as terrazas artificiais dese enclave privilexiado, símbolo da viticultura heroica, e a carón da carpa que dá abeiro ao xantar popular actuou Caxade, a sensación do novo indie-folk galego, cuxo son cualifican de “elegante, modesto e sinxel

A deste sábado foi a oitava edición do Festival do Castro organizada pola Asociación Cultural O Castro e que segue a ser de balde. Trátase dunha xornada enteira que encheu a capital do concello de festa. As actividades comezaron ás 11.00 horas coa apertura da Feira de Artesanía e non remataron até o amencer do día 18 coa música dos picadiscos DZ! Selektors e Sergio RV Dj.

No centro do festexo estivo o xantar popular, que incluiu empanadas, pementos de Herbón, carne ao caldeiro, viño da Ribeira Sacra e a “Torta do Festival de Castro”.

Cultura