A Festa Mariñeira de Fene terá segunda parte

A Festa Mariñeira de Fene terá segunda parte

11 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As entidades sociais que participaron na festa Mariñeira celebrada o sabado no peirao de Barallobre - Fene- por iniciativa do concello, valoraron moi positivamente o resultado desta edición na que por primeira vez se involucraron ata seis entidades veciñais. Venderon pratos elaborados con productos da Confraría de Barallobre e potenciaron a zona entre peiraos, os dous obxectivos da festa, segundo o alcalde de Fene quen departiu cos convidados na mañá de onte n

Unha festa que todos queren repetir o ano que ven coa suma de máis sociedades, segundo suxeríu o presidente da AVV de Magalofes, Manuel Pico. O presidente do Pote de Maniños, J.J. Cabana, destacou precisamente a enorme e grata colaboración que se deu entre as entidades participantes. Sobre a afluencia de xente, todos coincidiron con Xosé Luís Seijo, da AVV de Sillobre en que foi extraordinaria. A presidenta de AETNA, Mariela Aguilar, considera idóneo o lugar elexido para a festa. Algúns dos participantes, entre eles o presidente da Liga de Amigos de Barallobre, Manuel Vidal, prantexaron diversificar aínda máis os productos a ofertar, e incluir peixes no menú. 

Chocos con arroz, empanada de berberechos, mexillóns, sardiñas lañadas, ameixas á mariñeira, paella, foron algúns dos produtos ofrecidos na Festa Mariñeira de Fene, o pasado sábado na zona situada entre os peiraos de Barallobre e Maniños. As contas dos cartos recadados están aínda por facer. Ideas para mellorar a próxima edición hai moitas.

Sociedade