As festas de Fene comezan hoxe

As festas de Fene comezan hoxe

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todos os 6 de agosto as parroquias de Fene e Maniños celebran o dia do seu patrono, o Divino Salvador. En Maniños este ano non houbo comisión de festas e en Fene o grupo organizador reduciu o seu presuposto ata os 30.000 euros. Neste dia, o Concello de Fene celebra un dos seus 2 festivos locais.

A parroquia de Fene celebra hoxe xoves e  mañá venres as súas festas patronais. As rúas fenesas mergullaránse da música de gaitas durante esta xornada para a toma de contacto co ambiente festivo.Hoxe xoves 6 de agosto, a festa en honra ao Divino Salvador, comezará cunha misa solemne ás doce e media na igrexa parroquial. A orquestra “Fin de Siglo” amenizará a sesión vermú e a verbena da noite.  Mañá venres 7 de agosto, trala misa en honra a San Roque, actuará a orquestra “Galilea” ao mediodía e pechará os festexos patronais pola noite.

Sociedade