As festas de Ourense contarán con Amaral, Manolo García, Aute, Budiño e Kepa Junkera como cabezas de cartel

As festas de Ourense contarán con Amaral, Manolo García, Aute, Budiño e Kepa Junkera como cabezas de cartel

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Achéganse as festas patronais de Ourense e xa se coñece o cartel. O martes 23 de xuño o Auditorio municipal ofrecerá ao vivo a Luís Eduardo Aute. O mércores 24 será o Día do Folk e a explanada do Campus universitario acollerá as actuacións de Xosé Manuel Budiño, Guezos e do vasco Kepa Junkera. Ao día seguinte, o xoves 25, no Paz

Xa o venres a explanada central do Campus Universitario acollerá o directo de Amaral. Tamén actuará o grupo de pop galego Chámalle Xis.

Cultura