As festas de San Marcos suspéndense

As festas de San Marcos suspéndense
25 de Marzo, 2020 - 04:30 h. | Publicada por Radio Fene

A comisión organizadora comunica a suspensión polo andazo de coronavirus das festas de San Marcos. Estaba previsto celebralas o vindeiro 25 e 26 de abril. Como queira que ainda non se formalizaran os contratos coas orquestras nin se iniciara a petición polo vecindario a decisión non conlevará males maiores. En canto se levante o estado de alarma, a comisión procederá á devolución dos cartos adiantados por diferentes establecementos comerciais. 

Integrantes da comisión de festas de San Marco. 2019

San Marcos é un lugar da parroquia de Sillobre en Fene. A capela de San Marco, reedificouse na súa totalidade en 1926 pero o edificio orixinario databa cando menos da Edade Media. Xa en 1750 no Catastro de Ensenada, fálase do marco que está no coro da capela de San Marco, dalí ia o límite da parroquia ás Modias, dalí á pica vella, pola pica parda, facendo referencia ao lugar coñecido na actualidade como As Picas en Magalofes.. .

Sociedade

Publica o teu comentario agora