As festas máis democráticas

As festas máis democráticas

03 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Concertos@ferrol.es. Esta é a dirección electrónica na que os cidadáns poden propoñer os grupos convidados para as festas de verán 2010 de Ferrol. Unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de festas para acadar uns festexos máis participativos. Desde hoxe mesmo e ata o mércores 17 de marzo todas as persoas que queiran votar por un grupo, unha banda ou o seu solista preferido teñen a oportunidade de facelo a través deste corr

Apostamos por unhas festas libres, abertas, gratuítas e participativas e por iso abrimos este correo” declarou esta mañá a concelleira de festas, María López. Os cidadáns teñen moito que dicir e escoitarase a súa opinión, engadiu. Propostas de música de folk, pop, rock, jazz… Todo é ben recibido á hora de preparar o cartaz definitivo dos festexos veraniegos de Ferrol, que se celebrarán a última semana de agosto rematando o día 31, cos tradicionais fogos de artificio de San Ramón.

O prazo para as votacións remata o 17 de marzo para definir o cartaz o antes posible, sinalou a edil. O resultado da enquisa pódese ir consultando na páxina web do concello www.concellodeferrol.es.Tras a consulta, contactarase cos grupos máis demandados para coñecer o seu caché, a súa disponibilidade, se están de xira e axustar o presuposto co que contan, 275 mil euros. “Hai que equilibrar os cartos e facer malabarismos. Tentarase que os concertos sexan gratuítos xunto cun de pago como o ano pasado” destacou a concelleira.

López fixo un chamamento aos hostaleiros da cidade para que se impliquen nas festas e nas actividades programadas co gallo das mesmas. Deste xeito os festexos do verán en Ferrol suporán un repunte para a hostalería, segundo afirmou.

Sociedade