Festexando o Samaín

Festexando o Samaín
31 de Outubro, 2023 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Poucas horas quedan para a noite do Samain, a festa celta dos defuntos que servía para celebrar o final da temporada de colleitas. Esta noite desaparece o límite entre o mundo das persoas vivas e das mortas. En Samaín é típico celebrar o magosto, reuníndose para asar castañas e contar historias xunto ao lume. O mestre Rafael López Loureiro foi un dos artífices na recuperación do Samain. Logrou recuperar en Cedeira a talla das caliveras de melón. Unha forma orixinal de celebrar a festa do Samaín

Actos do Samain: Percorrido pola historia funeraria de Ferrol organizado por Ferrolterra antiga. Falan de crenzas e prácticas asociadas co tema da morte. O grupo sairá ás cinco da tarde de San Francisco. Tamén o centro cívico de Canido acolle un encontro intercultural. Falarase de como se celebra o dia de defuntos en México. Haberá obradoiros de preparación de cabazas e degustación gastronómica. En Catabois, procesión terrorífica “Volta das ánimas”. Comezará ás sete da tarde con concertos de The Flying Mosquitos Brothers, Sr.X e Victor e Bibiana.

Cultura

Publica o teu comentario agora