Festicultores Troupe participarán nun festival serbio convidados por Emir Kusturica

Festicultores Troupe participarán nun festival serbio convidados por Emir Kusturica

08 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

 

O cineasta serbio Emir Kusturica vén de convidar aos Festicultores a participar no Kustendorf International Film & Music Festival. O realizador coñeceu á banda galega no Festival Reperkusión de Allariz onde Kusturica actuou na última edición. A formación galega ofrecerá o venres, 15 de xaneiro, o seu espectáculo “E.G.F.A, o ex&eac

Os Festicultores compartirán cartel con artistas coma Tonino Carotone (España), Global Kryner (Austria), Aynur (Turquía), Vladimir Maricic Quarter (Serbia), Rubl (Rusia) e The No Smoking Orchestra (Serbia).

O Kustendorf International Film & Music Festival chega este ano a súa terceira edición, na que ademais dos grupos xa citados estarán actores e directores tanto noveis coma xa consagrados, entre os que destacan o actor Johnny Depp ou o produtor Jonathan Weisgal.

O Festival está organizado por Rasta Internacional e terá lugar do 13 o 19 de xaneiro do 2010 en Drvengrad, Mokra Gora, Serbia.

Esta edición do Küstendorf Festival está adicada aos futuros cineastas e grandes autores de películas contemporáneas. Máis de 300 películas de mozos realizadores e estudantes das escolas de cine de todo o mundo participan no programa de competición do festival.

Cultura