Festival de cultura viaxeira

Festival de cultura viaxeira
11 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Gullivert Fest regresa a Narón. A Terceira edición do Festival da Cultura Viaxeira organizado conxuntamente polo Concello de Narón e a Asociación FurgoGalicia, terá lugar na área recreativa de Pedroso. 

O evento desenvolverase dende o cinco ata o sete de agosto cunha ampla variedade de propostas dirixidas a persoas de tódalas idades con actividades e concertos de acceso libre. Os grupos encargados de poñer música a este festival serán Martins Aneiros Band, Fanfarria, Mississipi Queens & The wet dogs, Brassica Rapa, Festicultores, Tambores da Lagoa, Keepers y Broken Peach. Ademáis, haberá sesións de ioga, carreiras de orientación, teatro, obradoiros de chapas, as xa tradicionais conversas viaxeiras e competicións de xogos populares. Aqueles que desexen acudir de acampada coas súas furgonetas, caravanas ou autocaravanas terán que reservar a súa praza a través da web www.gulliverfest.es.

Cultura

Publica o teu comentario agora