As fichaxes do Unidade de Fene

As fichaxes do Unidade de Fene

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Chámanse Iván Dieguez Villaverde, máis coñecido por Villas, e Jorge Gutiérrez, máis coñecido por Jorge. Ámbolos dous xogadores son as novas incorporacións do Begasucegsa Unidade de Fene para esta recta final de liga coa idea de reforzar notablemente o equipo. O conxunto fenés loita nestas últimas xornadas pola permanencia na categoría, na primeira nacional B.

Villas xogou ao fútbol campo e ao fútbol-sala igual que Jorge. O ferrolán militou no Meirás, no Animas e noutros equipos de fútbol de Ferrolterra xa que se formou como xogador de fútbol-campo. Posteriormente fichou polo Boandanza de Fene e introducíuse no mundo do fútbol-sala a través do equipo filial fenés o Prodigasa-Boandanza e posteriormente no primeiro equipo desta desaparecida entidade de Fene. Ademáis tamén militou no Cidade de Narón de F.S. e no Parrulo Ferrol. Pola súa banda Jorge militou hai duas temporadas no Unidade de Fene. Jorge afirmounos que prefire o fútbol campo ao fútbol sala. Agora xogan no Unidade de Fene baixo a dirección de Julio Sabin.

Deportes