Fin ás obras na rúa Ameneiral

A renovación da rúa Ameneiral de Perlío contou coa axuda da Deputación
15 de Febreiro, 2019 - 01:12 h. | Publicada por Radio Fene

Conclúen os traballos de acondicionamento da rúa Ameneiral de Perlío (Fene) na que, xunto coa mellora do vial de acceso á escola de Magalofes e estrada de entrada ao polígono, se investíron 20.500 euros. As intervencións están incluídas no PAI 2016 Complementario da Deputación provincial da Coruña.

As obras na rúa Ameneiral, na parroquia de Perlío, contemplaron a ampliación da beirarrúa da marxe oeste no tramo existente ata a Avenida Marqués de Figueroa. Instalouse pavimento de baldosa hidráulica similar ao existente. Así mesmo, pavimentouse o firme e adaptáronse as tapas de pozos e rexistros á nova rasante, completándose coas obras de sinalización necesarias. Unha intervención moi necesaria dado o seu estado, a vía atopábase nun máis que precario estado de conservación tras as obras de substitución das canalizacións realizadas por Viaqua, polas que o pavimento quedou levantado en diversos treitos, con fochancas e pedras soltas.

Respecto ó vial de acceso á Escola de Magalofes, ampliouse o paso salvacunetas e procedeuse tamén á pavimentación do firme. E, no tocante á estrada de acceso ao polígono industrial de Vila do Colo dende Limodre, o Concello realizou rebacheos puntuais, procedeu á pavimentación do vial e executou tarefas de sinalización horizontal na intersección coa estrada provincial DP-3501.

Institucional

Publica o teu comentario agora