A fin da historia

A fin da historia
20 de Xaneiro, 2021 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

A situación dos EEUU na era post Trump convídanos a preguntarnos se será o "fin da historia" Co profesor Noel Blanco comentamos o libro de Perry Anderson "Los fines de la historia" coincidindo co dia da toma de posesión de Biden.

ESCOITA O PODCAST:

Toma de posesión de Biden

Faltan menos de cinco horas. Joe Biden xurará hoxe como novo presidente dos EEUU de América, nun escenario singular  mediatizado pola pandemia pero sobre todo polo anterior mandatario, Donald Trump, que xa avisou que non asistirá ao acto. Entre as personalidades que asistirán se encontran os ex presidentes, Barack Obama, Bill Clinton y George W. Bush, acompañados das súas esposas e ex primeiras damas, Michelle Obama, Hillary Clinton e Laura Bush. A causa da pandemia, nin haberá público nin o tradicional baile.Despois da toma do capitolio de Washington por unha manada de xente animada polo propio presidente, as cousas non van ben para o país que estaba fachendoso de ser modelo de democracia. Nos EEUU os contrarios a Trump están divididos á súa vez entre os que agardaban a Biden como auga de maio para esquecer a Trump ao que toman como unha desagradable anécdota.

"Los fines de la historia".

Esa é cando menos a visión que nos transmite o profesor mugardés na Universidade de Chicago, Noel Blanco, con quen hoxe lemos “ Los fines de la historia” de Perry Anderson, un libro ben acaído co que está pasando nos EEUU. O escritor Perry Anderson escribiu “A fin da historia” para revisar criticamente as teses de Fukuyama no momento da caída do muro de Berlín e o final da Unión Soviética e que escribiu con ese título en 1989. Nel falaba da fin do experimento do comunismo como a fin da dicotomía capitalismo/comunismo, da fin da historia. Perry Anderson., autor aínda vivo, membro da nova esquerda dos 60, revisa o traballo de Fukuyama “El fin de la historia” e cualifícao de momento de triunfalismo estadounidense e conclúe que “non hai fin da historia, que é unha fantasía”. Acaso non está aí China? Noel Blanco convídanos a revisitar este debate a través da obra de Perry Anderson publicada en España en 1996.

Cultura

Publica o teu comentario agora