Fin de semana de Jazz

Jazz para todos e de valde
14 de Agosto, 2019 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

O mellor do jazz galego soará en Ferrol e Mugardos. O festival do Jazz de Ría regresa esta fin de semana, con concertos abertos e de balde do venres 16 ao domingo 18.

Manuel Gutierrez actuará no Cantón de Cora de Mugardos, o venres ás dez e media da noite. O sábado 17, a partir da unha e media do mediodía soará a música de David Regueiro, no casino do Seixo. O mesmo día, ás dez da noite tocará Carlos Sarduy na praza Vella de Ferrol. Para o domingo 18 seguimos na praza Vella, á unha e media do mediodía subirá ao escenario Xacobe Martínez, todo un referente do jazz galego. E pola noite, dende as dez, Marcos Teira Quinteto Nós clausurará o evento. Colaboran na organización de Jazz de Ría, o concello de Mugardos e o de Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora