Fin de semana musical en Vilalba e Xermade

Fin de semana musical en Vilalba e Xermade

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro Cultural Recreativo de Vilalba e a Comunidade de Veciños de Lousada de Abaixo organizaron un concerto coral e dúas verbenas respectivamente como parte das súas actividades para este fin de semana.

As corais Eterna Xuventude de Fene e Luar e a Polifónica Vilalbesa porán un toque mais solemne para os que gusten da música polifonica. O evento terá lugar hoxe, a partir das 20.30 horas, no propio centro vilalbés.

Pola súa banda, os veciños de Lousada de Abaixo do concello de Xermade celebran as súas festas patronais na honra da Virxe das Dores. Para celebralo, ademais dos actos litúrxicos conseguintes, o domingo a partir das 13.30 horas, tamén programaron dúas xornadas de música e verbena. As orquestras Abanico, o sábado 25, e Alarma, o domingo 26, porán todo de si para que os veciños desta parroquia de Vilalba amosen a súa capacidade de baile no campo da festa.

Sociedade