A fin de semana vilalbesa acolle a segunda edición do festival “Reggae na Chaira”

A fin de semana vilalbesa acolle a segunda edición do festival “Reggae na Chaira”

13 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Vilalba será xamaicana durante as noites de mañá venres e do sábado. A música, o ambiente e a cultura da súa música tomará a Praza da Igrexa da capital chairega, que acolle a segunda edición do festival “Reggae na Chaira”, promovida pola asociación Rock entre amigos e o Pub Fardela.

Así, os ritmos caribeños e animados do reggae, o dub, o ska ou o dance-hall tomarán as rúas de Vilalba, sen esquecer outras músicas case irmás como o soul, ou a música africana.

Así o cartel comeza o venres 14 agosto, cos grupos  Merry Melodiers que fan reggae experiemental, Selectah Jag (roots, hip-hop, african) e se proxectará un documental sobre as diferentes culturas que existen no mundo

Para os que non tiveron de abondo, que serán a maioría, o sábado saltarán ao escenario as formacións Zaramarandi que fan reggae, ska e raggamuffim; Samurai 6, un grupo de percusión; a mestura de folk e ska de Chotokoeu; antes de Skarallaos, co seu ska e reggae. A continuación será  aquenda de kaos & karmasound, que fan hip-hop e soul; e Efe-3 & Xaco beat (hip-hop, experimental, reggae), que pecharán unha longa pero grande noite, que a bo seguro achegará un pouquiño mais Vilalba até Xamaica.

Cultura