Fina ironía e benévolo humorismo

Fina ironía e benévolo humorismo
06 de Febreiro, 2020 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Carvalho Calero como lingüista e literato, abarcouno todo, afirma o escritor Henrique Dacosta. Carvalho soubo demonstrar a súa elevada estatura moral e a súa admiravel ética e dignidade. Sempre respondeu aos ataques com fina ironía e benévolo humorismo.

ESCOITA O PODCAST:
Henrique Dacosta, biógrafo de Carvalho Calero

Henrique Dacosta foi o convidado esta mañá no club de lectura da Radio Fene Radiofusión. A súa biografía “Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético” editada por Xerais é un libro ameno, didáctico do que gustaría o profesor. Conversaron co escritor ferrolán, a directora dos Roteiros de Carvalho Calero, Loreto de Castro;  Henrique Sanfíz, Antonio Casal, de Ferrolterra Antiga e María Xesús Arias.
“A postura antilusista ou seja separatista, ou isolacionista, tem sentido de umha perspectiva castelhanista. O que estime que o galego é umha antigualla inservivel, ou simplesmente um expediente antieconómico, ou um insidioso atentado contra a unidade nacional, debe ser antilusista e antigaleguista, debe confessar-se abertamente castelhanista en materia idiomática” afirma no seu libro “Da fala e da escrita”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora