Finaliza o podcast de Gustavo Gallego

Finaliza o podcast de Gustavo Gallego
17 de Xuño, 2020 - 09:47 h. | Publicada por Radio Fene

“O empresario Pedro Souto recibiunos no seu restaurante ás nove e media en punto da noite e acomodounos nun reservado especialmente preparado para catro persoas, dende o que que resultaba imposíbel que nos visen os outros comensais” afirma o inspector Sánchez Pereiro antes de empezar a debullar os detalles do crime acaecido na praia do Matadoiro na Coruña en plena noite de San Xoan. Resólvense os enigmas no último capítulo do podcast "O caso de Gustavo Gallego".

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Tizón, na praia do Matadoiro na Coruña

Fotografía: Antón Ramos

 

Podcast adaptación da novela de Antonio Tizón “A antesala luminosa” publicada por Xerais.

 

Co grupo de teatro A Tenencia de Caamouco (Ares) nas voces de Víctor Fernández como o inspector Sanchez Pereiro, Beni Suárez como o axente Márquez da Coruña e o Inspector Filgueira de Madrid. Mari Carmen García como Cristina Fandiño,  Avelino García como Comisario Laxe e como Gustavo Gallego, María Cordal como María Silveira, Pablo Mariño como o Doutor Campiño e como Pedro Souto, Margarita Couce como Clara e Mari Carmen Varela como Lucía.

E coa colaboración especial de Antonio Tizón (proxeneta portugués) Henrique Sanfiz (narrador) e Eugenia Sanmartín (prostituta na rúa Montera de Madrid)

Cultura

Publica o teu comentario agora