ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As rúas que configuran o entorno da Feira Nova, no casco urbano de Arzúa, abriron ao público e ao tráfico rodado presentando un cambio de imaxe radical trala execución do proxecto que contemplou a renovación das beirarrúas, alumeado público e pavimento. Cunha inversión presupostada que superou os 220.000 euros, a dotación de servizos básicos
O proxecto tamén contemplou a instalación de mobiliario urbano, o soterramento do cableado eléctrico e o acondicionamento das zonas axardinadas. A execución deste proxecto permitiu transformar a imaxe do entorno que alberga un dos puntos de referencia turística de Arzúa como é o denominado Centro de Promoción do Queixo e do Mel.
A urbanización do entorno da feira do gando dá continuidade á política inversora promovida polo executivo municipal, que nos últimos anos deu prioridade ás obras de acondicionamento e dotación de servizos nos espazos máis necesitados do casco urbano. As rúas do entorno do recinto feiral Terra do Queixo, as Rúas Juan Vidal, Baltasar Pardal, Padre Pardo, da Fonte ou do Caño teñen sido algunhas das que se beneficiaron deste tipo de actuacións; tamén na actualidade se están acometendo obras na Rúa Río Mera, ao carón dos centros educativos, e proximamente poñerase o punto e final as actuacións proxectadas na Rúa Luís Seoane e Castelao.