A folga causa desperfectos e o peche na piscina municipal de Fene

A folga causa desperfectos e o peche na piscina municipal de Fene

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A piscina municipal de Centieras permane pechada nesta xornada . para evitar posibles incidentes ou desperfectos nas instalacións ante a folga convocada polos sindicatos, CIG, UXT e CCOO en instalacións deportivas e ximnasios. Os monitores da piscina fenesa non secudan a folga. Nas últimas horas rexistráronse algúns incidentes na mesma e danos nas instalacións causados polos piquetes que se atopan no lugar para evitar que os traballadores de Centieiras lev

Esta mañá os usurios/as da piscina municipal non puideron acceder á mesma. As pechaduras das portas atópabanse seladas con silicona para impedir a súa apertura. Asemade a fachada da instalación deportiva de Centiras amencía grafiteada  e pintada con sprays. Os feitos puxéronse en coñecemento da policía para realizar o correspondente atestado. O Alcalde de Fene, Iván Puentes, laiábase destes desperfectos que repercutirán en prexuizo das arcas municipais. Outros dos grandes perxudicados, sinalou son os veciños/as de Fene aos que se lles privou do seu dereito a usar esta instalación deportiva. 

A folga ven motivada polo novo convenio que afectará ás instalacións deportivas e ximnasios. Unha medida que non afecta aos traballadores da piscina municipal de Fene polo que non están a secundar a folga.

Sociedade