Folga do 29 de marzo: A xente está moi cabreada.

Folga do 29 de marzo: A xente está moi cabreada.

28 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A escasas horas da convocatoria de folga xeral, os convocantes detectan entre traballadores e pequenos comerciantes, a comarca de Ferrol será mañán un lugar inactivo totalmente, en protesta contra a reforma laboral. O secretario da CIG, un dos sindicatos convocantes do paro de mañán, declaraba en Radio Fene que a xente está “moi cabreada”. Duas manifestacións percorrer&a

Unha caravana con 150 turismos anunciou a folga xeral na comarca de Ferrol. Os coches pasaron polos principais centros comerciais convidando aos traballadores a sumarse á folga mañán 29 de marzo. Os sindicalistas de CCOO, UXT, CIG e USTG están citados ás 5 da próxima madrugada na Praza de Armas para distribuir dende aí os denominados piquetes informativos polas ruas da cidade, polígonos industriais e empresas varias.  

Por primeira vez nunha folga xeral, os piquetes volverán reunirse ás 3 da tarde no mesmo lugar para manter pechado todo pola tarde. O secretario comarcal da CIG, Xesús López Pintos, declaraba en Radio Fene que xa teñen moito traballo avanzado porque levan tempo informando aos traballadores e falando cos emprersarios para que secunden o paro os primeiros; e  para disuadilos e que xa non abran as portas os segundos.

O pequeño comercio de Ferrol decidíu non abrir as portas mañán en protesta pola nefasta situación do sector. A ese sector referiuse na entreviata o secretario da CIG. Da Reforma laboral que provocou este paro, afirmaba Pintos que
nunca tan libre vai ser o despido e nunca tan fácil minguar os dereitos e os salarios dos contratos. Os sindicatos enmarcan todalos retrocesos laborais que desencadean na folga, nunha comarca deprimida de por sí e con sectores en plena crise existencial, tal é  o caso do Naval.

 

Sociedade