A folga dos traballadores das instalacións deportivas deixa pechadas as portas de piscinas, pavillóns e clubs

A folga dos traballadores das instalacións deportivas deixa pechadas as portas de piscinas, pavillóns e clubs

26 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Arredor de 2.500 traballadores de piscinas, instalacións e clubs deportivos de toda Galicia están chamados hoxe á folga en demanda da negociación do convenio colectivo. Fontes sindicais aseguraron a Radiofusiòn que o seguimento do paro está a ser “practicamente total”. Segundo afirman os convocantes, a protesta afecta a máis de 100.000 usuarios dun centenar de concellos e supón a paralización de todas as competicións deportiv

CIG, CCOO e UGT convocan esta xornada de folga que se repetirá o sábado e o luns. Os sindicatos argumentan que os profesionais do sector apenas superan o soldo mínimo e vense obrigados a traballar sábados, domingos e festivos. Reclaman unha subas salariais progresivas que convertan dentro de catro anos a estes traballadores en “mileuristas”. Xosé Lois Martín Freire, de CIG-Servizos, incidiu en Radiofusiòn en que no sector abundan os contratos a media xornada, o que provoca que moitos reciban “retribucións moi pequenas”.

As centrais denuncian tamén que a maioría destes centros deportivos son públicos, pero xestionados por mans privadas. Esta fórmula, aseguran, “beneficia a determinadas empresas e prexudica a traballadores e usuarios”.

Sociedade