Folga en Alcampo contra a ampliación da xornada laboral

Folga en Alcampo contra a ampliación da xornada laboral

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O hipermercado Alcampo de Ferrol (A Coruña) abriu as súas portas con normalidade pese a xornada de folga que se tiña convocado para o día de hoxe. As accións do medio cento de traballadores que se concentraron na entrada do establecemento só pudieron evitar a descarga dos proveedores pero non así a actividade do centro. A maioría dos 120 e traballadores do plantel secundaron a folga. Non se sumaron as empregadas de Servicios Reunidos, empresa de tra

Os piquetes concentráronse nas instalacións de Alcampo en A Gándara dende ás cinco da madrugada, e conseguiron paralizar a descarga de mercadurías. Ás dez da mañá levaron a cabo unha cacerolada nas portas do hipermercado que non evitou que a empresa abrira ao público.
A xornada de folga ven motivada pola firma do convenio de Grandes Almacéns e pola aplicación en Alcampo dun acordo, que entraría en vigor o día 2 de xaneiro do vindeiro ano, que desregulariza a xornada e obriga aos traballadores a facer quendas de traballo de 10 horas nos días de maior actividade.
Os traballadores reclaman que non se aplique este acordo que coidan non respeta a conciliación da vida laboral e familiar. Piden amáis que a empresa respete os descansos semanais que han de ser correlativos e que non están previstos para os horarios do 2010.
Dende o sindicato CCOO formulouse xa unha demanda para impugnar o acordo de FETICO, sindicato corporativo afín a empresa. Reclaman tamén que a negociación e aplicación do acordo sexa igual para tódolos traballadores posto que, segundo denuncian, a empresa está a favorecer a algúns mentres “estimula, propicia e pretende botar á rúa” ao resto. Os sindicatos consideran que estas medidas son un atropelo aos dereitos dos traballadores, que quedarían desvalorizados cando non suprimidos coa aplicación do acordo de desregularización horaria.

Sociedade