Fonsagrada prepara unha Feira do Butelo

Fonsagrada prepara unha Feira do Butelo

03 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A 952 metros de altitude sobre o nivel do mar, os embutidos curan dun xeito especial. Por iso a Fonsagrada gábase de preparar o butelo como en poucas localidades. O Concello prepara unha nova edición da Feira deste produto, para o sábado sete e o domingo oito de febreiro. A previsible chegada da neve, aportará un ingrediente habitual no inverno da comarca do Burón.

A degustación do butelo poderá realizarse nos diferentes stands instalados baixo unha carpa na praza do museo. Mäis de medio cento de expositores darán a coñecer produtos gastronómicos e artesáns da zona. O grupo de gaitas e baile de Antaruxas e Sorteiros amenizarán a feira tanto o sábado como o domingo.

Sociedade