Fontal: “Entrarán na alcaldía pola porta de atrás e de rodillas”

Fontal: “Entrarán na alcaldía pola porta de atrás e de rodillas”

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O alcalde de Folgoso do Courel José López Fontal (PSdeG) amósase indignado coa moción de censura presentada polo grupo local do PP e 1 tránsfuga socialista. Afirma que o PSOE gañou 3 eleccións consecutivas por maioría absoluta, e salienta que os populares lograrán agora a alcaldía sen lograr previamente o apoio da cidadanía.

O grupo local do PP no municipio lucense de Folgoso do Courel presentou onte a moción de censura contra o alcalde socialista. Mais antes, déronse de baixa de militancia e constiturion un novo partido baixo o nome Alianza polo Courel, que co apoio do tránsfuga socialista Manuel Bouza, aupará ao sillón de mando a Lola Castro. Eacute; a segunda moción de censura contra un alcalde do PsdeG na provincia de Lugo nos últimos sete días e debaterase o vindeiro día 24. A concentración nas últimas semanas de manobras para promover envorcos nos gobernos locais en mans dos socialistas non é casual, segundo os afectados. A dirección do PsdeG denuncia a existencia dunha estratexia artellada por Alberto Núñez Feijóo e o seu número 2, Alfonso Rueda, para recuperar alcaldías sen pasar por uns comicios democráticos. O secretario de Organización socialista, Pablo García, declarou que, tal e como deixara entrever o presidente provincial de Ourense, Xosé Luis Baltar, do PP, o partido no Goberno da Xunta estase a aproveitar das miserias políticas das persoas receptivas a ser tránsfugas con tal de facerse co poder.

Sociedade