Fontes e regatos de Moeche

Fontes e regatos de Moeche
19 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Recuperar e identificar os nomes de fontes e regatos de Moeche. Ese é un dos obxectivos do traballo que realizan no Colexio San Ramón, dentro da colaboración con Radio Fene Radiofusión. É unha forma de poñer en valor a importancia da auga, un ben cada vez máis importante tamén en Galicia. As entidades cidadáns tamén participan na iniciativa enmarcada dentro do proxecto “Onda Ods Empeza por ti”.

CEIP San Ramón de Moeche

A rapazada de Moeche tamén prepara retos individuais en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel que falan da igualdade de xénero, educación de calidade e importancia da auga. A colaboración xa se iniciou no pasado mes de xuño con sendas reunións no Ceip de Moeche, e no local social de Abade con reunións nas que participaron representantes do movemento cidadán.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora