Fortaleza de espirito

Fortaleza de espirito
02 de Marzo, 2020 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

Os xogadores do Cultural Maniños amosaron implicación e compromiso co clube. Lograron manter a portería a cero. Rober e Dani Zapa tiveron que cambiar os seus turnos de traballo para poder axudar ao equipo no partido de fútbol da Segunda Galicia, xogado no campo da Pedreira en Mugardos. Galicia de Mugardos B 0 – 5 Cultural Maniños.

 

 

 

 

 

 

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Segunda Galicia de fútbol

“Saíu bastante ben o que tíñamos preparado. Soubemos adaptarnnos ao terreo de xogo con reducidas dimensións e xogamos directo, materializando as ocasións” afirma o adestrador Pablo Mesa. O Neda empatou e aumenta a distancia entre o primeiro e o segundo –Maniños e Perlío con 25 puntos cada ún- e o terceiro clasificado, o Rápido de Neda (18 puntos). O Cultural Maniños descansará a vindeira xornada.

Deportes

Publica o teu comentario agora