A forza narrativa de Xavier Alcalá

A forza narrativa de Xavier Alcalá
11 de Outubro, 2018 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

“Non sei como Eduardo Blanco Amor non escribiu unha gran novela sobre a emigración galega” afirma contundente o escritor Xavier Alcalá. E sobre a emigración a Arxentina versa a súa última obra, publicada por Galaxia. The making of. Cómo se fixo. Unha novela con forza narrativa que nos fala dos baixos fondos da Arxentina na década de 1930 e durante a Segunda Guerra Mundial. Un emigrante galego, Alfredo Mosquera, caco pola mala fortuna, protagoniza un dos relatos incluidos neste libro.  De xeito paralelo, un enxeñeiro investiga sobre o antepasado dun compañeiro. Pero os dous fíos se enguedellan, …

ESCOITA O PODCAST:
Xavier Alcalá, Henrique Sanfiz, Eliseo Zaera e María José Lavandeira

Xavier Alcalá é un grande coñecedor do mundo da emigración galega. Sobre as peripecias dos emigrantes en Buenos Aires e Comodoro Ribadavia versa este volume que atrapa á persoa lectora desde o minuto cero. Sobre el falamos no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, con Eliseo Zaera, María José Lavandeira e Xavier Alcalá.

Cultura

Publica o teu comentario agora