As fosas do bando vencido na guerra

As fosas do bando vencido na guerra
31 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Un total de 2.457 fosas comúns de vítimas do bando vencido na guerra civil contabilizou en 2017 o Ministerio de Xustiza. 1.221 son fosas non intervidas, 480 exhumadas, 250 desaparecidas e arredor de 500 trasladadas a Cuelgamuros. As comunidades de Galicia e Castela e León non contan cun mapa oficial de fosas.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita a conversa con Laura Martínez Panizo

http://173.255.131.18/audio/121222PANIZO.mp3

Fotografía Emilio Romero

Segundo a investigadora Laura Martinez Panizo, durante corenta anos as vítimas do bando sublevado consideráronse “mártires da patria” e “caídos por Deus e por España”. Foron reparadas economicamente as súas familias, recuperados algúns corpos que recibiron digna sepultura, inscribindo os seus nomes en lápidas nas igrexas e erixindo monumentos que honraron a súa memoria. Mentres tanto, as vítimas do bando vencido non só foron invisibilizadas, senón tamén criminalizadas e estigmatizadas. Pregúntase Laura Martínez: Que fixo a democracia ante este plantexamento tan asimétrico? As medidas xudiciais e políticas adoptadas foron escasas e insuficientes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora