A fotógrafa Mary Quintero está no foco das homenaxes polo seu labor pioneiro

A fotógrafa Mary Quintero está no foco das homenaxes polo seu labor pioneiro

29 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

Ela, que sempre mirou dende o obxectivo da cámara aos demais durante décadas, ve estes días como todos miran para ela. Sucédense as homenaxes á fotografa Mary Quintero, melidense que acabou sendo cronista gráfica de Lugo e Vigo, unha pioneira que con 15 anos iniciou un oficio que a levaría a ser a primeira fotógrafa galega que puido expoñer nunha sala e abrir un estudio co seu nome, sinónimo da excelencia no retrato. Os t

Naceu entre fotografías xa que os seus pais tiñan un estudo fotográfico en Melide, o que lle permitiu coñecer a técnica desde moi nova. Con todo, non foi unha autodidacta; tras rematar os seus estudos de bacharelato trasladouse a Madrid para se formar con Pedro Jaraba e co pintor Carlos Pascual de Lara cos que perfecciona o debuxo, pero tamén a súa preocupación constante pola luz. Desa aprendizaxe xestouse a exposición “Nuevos horizontes de la fotografía”, que inaugura no Círculo das Artes de Lugo en 1948. Tiña 17 anos e esa mostra ábrelle a porta de numerosos encargos da alta sociedade, dentro e fóra de Lugo.

O seu traballo comeza a ter sona rapidamente e multiplícanselle os encargos de retratos sen que descoide a súa continuada formación nas novas técnicas fotográficas. Participa en xornadas, convencións e recibe numerosos galardóns, entre eles un premio Kodak, grazas ao que viaxa por Rochester, Chicago e Miami.

A finais dos oitenta, realiza as fotografías dos carteis publicitarios de candidatos á presidencia da Xunta de Galicia: Manuel Fraga Iribarne e Xosé Manuel Beiras Torrado, entre outros políticos. Desta época destaca, entre os seus traballos profesionais, a campaña publicitaria que fixo para as liñas aéreas AVIACO.

Con setenta anos xubílase e deixa a súa filla María á fronte do negocio familiar. Non supón unha ruptura coa súa traxectoria, xa que continúa asistindo a seminarios e conferencias. Tamén continúa recibindo premios e recoñecementos, entre eles a Medalla de Bronce de Galicia no ano 2002 e a Medalla de Ouro da Comunitat Valenciana.

Cultura