As fotografías de vacacións, todo un xénero

As fotografías de vacacións, todo un xénero

01 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Comeza o mes de abril e moitos afortunados por partida dobre, por ter traballo e por ter folgado, retornan dos seus días de descanso.  Aínda a estas alturas non terán revelado as instantáneas das súas viaxes ou xornadas de retiro. E é que as fotografías de vacacións constitúen un xénero en si mesmo. Poida que un dos máis terribles de entre os sucedáneos da arte popular. Cada día millóns de persoas ret

Outros tantos millóns de sufridos espectadores son forzosamente obrigados despois a admirar eses testemuños e así vai xirando a roda cada vez que remata un período vacacional. Non poucos apoiarían a abolición da fotografía popular. Que llo pregunten ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, arrepentíndose de seguro daquelas fotos en bañador ou en demodé chaquetón de cadros negros e vermellos tomadas canda o narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado hai uns 20 anos. Non lle amola ao líder do PPdeG a exposición pública das carnes en bañador, o pouco afortunado estilismo ou os detalles de andar por casa como o bronceador mal estendido. O que lle preocupa é que transcendan esas imaxes sendo agora el quen é e sendo Dorado agora quen é: un no despacho presidencial, outro na cadea. O q    ue preocupa aos demais é quen eran os dous daquela, cando as imaxes de vacacións foron tomadas: un xa un cargo público, o outro xa un contrabandista investigado que ademais tería sido provedor do Sergas, no que Feijóo tiña alta responsabilidade. Pasou tanto tempo que calquera podería telo esquecido. Pero claro, sempre están aí as infames fotografías de vacacións.

Sociedade