A fragata F-105 sae a probas de mar

A fragata F-105 sae a probas de mar

09 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro luns , Navantia Fene-Ferrol empezará as primeiras probas de mar da Fragata F-105, a “Cristóbal Colón”. Nas probas, que se realizarán durante cinco días, comprobarase o correcto funcionamento da plataforma do buque, que inclúe elementos de manobra, propulsión e navegación. Así mesmo, procederase á verificación do cumprimento dos requisitos asignados en velocidade, maniobrabilidad e consumos.

Durante esta fase de probas de mar, que será completada cunha segunda no mes de xuño próximo, efectuaranse comprobacións de funcionamento do Sistema de Combate AEGIS e a integración cos diversos subsistemas nacionais en situación real de navegación: radares, comunicacións, canóns, dirección de tiro, mando e control.
As probas desenvolveranse coa presenza a bordo de máis de duascenta cincuenta persoas, entre traballadores de Navantia, Armada Española, Industria Auxiliar e técnicos do equipamento do buque.

Tamén está prevista a asistencia de persoal australiano, como parte do adestramento que proporciona Navantia dentro do programa dos destrutores AWD, cuxo proxecto está baseado na F-105.

Hai que lembrar que, para a construción de tres destrutores AWD en Australia, Navantia ten un contrato para o deseño do buque, transferencia de tecnoloxía e asistencia técnica. Ademais, os Estaleiros Fene-Ferrol está a construír bloques complexos deste tres destrutores que, unha vez finalizados, serán enviados alí para a súa ensamblaje final.Segúndo o calendario previsto, a fragata “Cristóbal Colón” fará, o próximo mes de xuño, as probas de mar oficiais coa Armada Española, para proceder á sua entrega no verán.

Sociedade